O vindeiro sábado 27 de marzo realizaremos no Couto da Eirexiña unha xornada de restauración ambiental mediante a repoboación con árbores autóctonas de espazos deseucaliptizados pola comunidade de montes de Rebordelo.

Esta xornada é posible grazas a doazón de árbores autóctonas doadas polo viveiro do Cfea de Lourizán e pola campaña “O teixo: tempo ao tempo”, promovida pola Fundación Eira e ADEGA e na que colabora Bodegas Lodeiros a través do seu proxecto Camiño Natural

Deste xeito son máis de 200 árbores que permitirán rexenerar espazos degradados do couto da Eirexiña. Pola súa banda, a campaña “O teixo: tempo ao tempo”,  trata de poñer en valor esta especie de árbore de crecemento lento e que posúe un elevado simbolismo na cultura de Galiza. Asemade, a campaña serve de metáfora para reivindicar un estilo de vida pausado, que sexa respectuoso co medio natural, cos hábitats e coas especies, acompañando os tempos da natureza, dándolle tempo a o tempo.

Vémonos no monte!!