Asóciate ao Couto da Eirexiña

O Couto da Eirexiña é un proxecto de custodia do territorio que pretende conservar e restaurar o bosque autóctono galego con sede na parroquía de Rebordelo, en Cerdedo-Cotobade.

Para facer posible este proxecto colectivo precisamos da túa axuda! Por iso agora podes asociarte con nós cunha achega mínima de 10 euros ao ano.

Deste xeito axudarás a financiar os gastos asociados aos diferentes voluntariados ambientais, como o seguro de responsabilidade civil e de accidentes, as ferramentas, os materiais e equipos de seguemento de biodiversidade e para a restauración ambiental, a páxina web, etc.

Tamén, ao asociarte, se tes alguna idea, proposta ou proxecto para desenvolver será máis que benvida.

Queres asociarte ao Couto da Eirexiña?

Para facerte socia ou socio da Asociación Couto da Eirexiña tes que cubrir o seguinte formulario e facer un bizum coa aportación escollida ao número 654581313.

Anímaste? 🙂

Moitas grazas!