O vindeiro sábado 23 de marzo terá lugar, no Couto da Eirexiña, unha acción integrada na I xornada de deseucaliptización simultánea que vai a acontecer en diferentes puntos do país co gallo da celebración do Día Mundial do Bosques. Esta iniciativa é é impulsada pola plataforma Cousa de Raíces e participan, até o momento, 16 entidades en 7 localidades diferentes.
O principal obxectivo desta actividade de educación e voluntariado ambiental está focalizada na eliminación de masas eucaliptos así como doutras especies invasoras, co fin de poñer de manifesto que outro modelo de xestión forestal é posible e necesario, salientando os numerosos beneficios ecosistémicos dos bosques autóctonos.
A xornada dará comezo ás 10:00h na casa do pobo de Rebordelo. A actividade vai acompañada dun xantar comunitario e dun roteiro interpretativo para dar a coñecer a xestión forestal sostible de conservación e recuperación do bosque autóctono e da biodiversidade que están a levar a cabo as comuneiras e comuneiros da parroquia de Rebordelo.
Esta actividade está organizada por ADEGA Vigo e o Couto da Eirexiña, e conta coa colaboración da comunidade de montes de Rebordelo.
Podes inscribirte nesta actividade enviando un correo a adegavigo@adega.gal
Agardámoste!