Despois duns meses sen actividades de voluntariado, o vindeiro sábado 17 de xullo voltamos a coller as ferramentas para deseucaliptizar terreos en custodia do monte comunal de Rebordelo
Durante esta actividade centrarémonos na eliminación de eucaliptos nunha das áreas onde xa estivemos a traballar noutros voluntariados. E despois do traballo, xantaremos na área fluvial do río Almofrei ao seu paso pola parroquia. Deste xeito, se o tempo o permite, pódese desfrutar dunha tarde de baño. Non esquezas o teu bañador!!
E xa por último realizaremos un roteiro interpretativo polo comunal de Rebordelo.
Queres participar desta deseucaliptización?
Esta actividade estará limitada a un máximo de 15 persoas, e para realizala será obrigatoria a utilización de máscaras, así como o emprego de xel desinfectante cada pouco, ademais de manter a distancia de 1.5-2 metros.
Se queres apuntarte a esta actividade de voluntariado ambiental, podes inscribirte a través do seguinte formulario.
Tamén, se tes algunha pregunta, non dubides en contactar a través do correo adegavigo@adega.gal
Lembra que a data límite para a inscrición nesta actividade é o vindeiro xoves 15 de xullo ás 13:00h, co fin de que poidamos ter tempo para formalizar toda a loxística.
Vémonos no monte!!
Programa do voluntariado ambiental*
09:45h – Punto de encontro na Casa do Pobo de Rebordelo
10:00h – Inicio da actividade de deseucaliptización
14:00h – Xantar vexetariano e comunitario no río Almofrei
15:30h – Roteiro interpretativo polo monte comunal de Rebordelo
18:00h – Fin da xornada
* A actividade inclúe os seguros de responsabilidade civil e de accidentes, así como o xantar vexetaria