O Couto da Eirexiña é un proxecto de custodia do territorio entre ADEGA, a comunidade de montes de Rebordelo e particulares para a conservación, restauración e posta en valor dos ecosistemas autóctonos da parroquia de Rebordelo, no concello de Cerdedo-Cotobade.
Se queres participar como voluntaria ou voluntario ambiental, podes subscribirte á nova listaxe de difusión do proxecto e participar así nas xornadas de restauración ambiental que realizamos no monte de Rebordelo.
Deste xeito recibirás no teu correo toda a información relativa dos diferentes voluntariados ambientais do Couto da Eirexiña, xunto co formulario de inscrición de cada actividade.
Agardámoste!