O próximo día 2 de decembro temos unha nova actividade de voluntariado ambiental no Couto da Eirexiña. Desta volta seguiremos deseucaliptizando e desacaciando unha área degradada no monte comunal de Rebordelo.

E pola tarde, despois do xantar, realizaremos un roteiro interpretativo polo monte comunal.

Queres participar nesta actividade?

Se queres participar neste voluntariado ambiental podes inscribirte desde esta ligazón:

Formulario

A data límite para a inscrición  será o vindeiro xoves 30 de novembro, co fin de que poidamos ter tempo para preparar o xantar e a loxística do voluntariado. A actividade estará limitada a un máximo de 20 persoas.

Tamén, se tes algunha pregunta, podes contactar a través do correo coutodaeirexinha@gmail.com

Agardámoste!

Programa do voluntariado ambiental*

9:45 h – Punto de encontro na casa do pobo de Rebordelo

10:00 h – Inicio da actividade de deseucaliptización

14:00 h – Xantar na casa do pobo de Rebordelo

16:00 h – Roteiro interpretativo pola comunidade de montes

18:00 h – Fin da xornada

* A actividade inclúe os seguros de responsabilidade civil e de accidentes ademais do xantar.