O próximo día 24 de febreiro temos unha nova actividade de voluntariado ambiental no Couto da Eirexiña. Desta volta seguiremos deseucaliptizando o monte comunal de Rebordelo. Esta actividade enmárcase dentro da deseucaliptización simultánea organizada por Cousa de Raíces.

E pola tarde, despois do xantar, realizaremos a I asemblea xeral da asociación Couto da Eirexiña, onde convidamos a todas as persoas asociadas ao proxecto.

Lembra que te podes asociar mediante a seguinte ligazón.

https://coutodaeirexinha.gal/asociate/

Queres participar nesta actividade?

Se queres participar neste voluntariado ambiental podes inscribirte desde esta ligazón:

Formulario

A data límite para a inscrición  será o vindeiro xoves 22 de febreiro, co fin de que poidamos ter tempo para preparar o xantar e a loxística do voluntariado. A actividade estará limitada a un máximo de 20 persoas.

Tamén, se tes algunha pregunta, podes contactar a través do correo coutodaeirexinha@gmail.com

Agardámoste!

Programa do voluntariado ambiental*

9:45 h – Punto de encontro na casa do pobo de Rebordelo

10:00 h – Inicio da actividade de deseucaliptización

14:00 h – Xantar na casa do pobo de Rebordelo

16:00 h – Asemblea Xeral da Asociación Couto da Eirexiña

18:00 h – Fin da xornada

* A actividade inclúe os seguros de responsabilidade civil e de accidentes ademais do xantar.