O vindeiro sábado 28 de outubro terá lugar na casa do Pobo de Rebordelo o xa tradicional magosto do Couto da Eirexiña.

A xornada comezará ás 16:00h cunha saída micolóxica con MycoGalicia Plantae polos coutos micolóxicos do Souto de San Brais e do Souto do Pereiral. Esta actividade está organizada pola comunidade de montes de Rebordelo e terá un prezo de 15 euros (10 euros pola saída micolóxica e 5 pola licencia de recolección de cogumelos). Se es comuneiro/a da parroquia de Rebordelo podes vir de balde.

A continuación, ás 18:00h, comezará o magosto na casa do Pobo organizado pola Asociación Couto da Eirexiña. Haberá castañas e petiscos variados… e ademais, se traes o teu instrumento, podemos facer unha foliada para amenizar a xornada.

Apúntaste?

Agardámoste na casa do Pobo de Rebordelo o sábado 28 a partir das 16:00h da tarde

Podes consultar as coordenadas da casa do Pobo no código QR ou premendo aquí.

Programación

16:00h -Saída micolóxica con MycoGalicia Plantae polos cotos micolóxicos de Rebordelo (15 euros – de balde para as comuneiras/os).Organiza: CMVMC de Rebordelo

18:00h – Magosto con castañas e petiscos variados na casa do Pobo de Rebordelo. Trae o teu instrumento e facemos unha foliada! Organiza: Couto da Eirexiña