Comezamos este mes de outubro con boas novas: o Couto da Eirexiña constituíuse como asociación ante o rexistro de asociacións de Galicia.

Desde este mes é posible, se vos apatece, asociarvos á asociación cunha achega mínima de 10 euros. Coa vosa axuda poderemos seguir adiante con este proxecto de custodia do territorio, permitindo conservar e restaurar o bosque autóctono galego.

Todo o diñeiro recadado irá destinado a financiar os gastos asociados aos diferentes voluntariados ambientais, como o seguro de responsabilidade civil e de accidentes, as ferramentas, os materiais e equipos de seguemento de biodiversidade e para a restauración ambiental, a páxina web, etc.

Se te presta, podes asociarte cubrindo o seguinte formulario:

FORMULARIO

Moitas grazas, e…vémonos no monte!