O sábado 30 de setembro realizamos unha nova actividade de educación ambiental. Desta volta eliminaremos eucaliptos nos terreos en custodia do Couto da Eirexiña.
E despois do xantar realizaremos unha descuberta de biodiversidade pola parroquia de Rebordelo.
Queres participar nesta actividade?
Se queres participar neste voluntariado ambiental podes inscribirte desde esta ligazón:
A data límite para a inscrición será o vindeiro xoves 28 de setembro ás 13:00h, co fin de que poidamos ter tempo para formalizar o seguro e preparar o xantar. A actividade estará limitada a un máximo de 20 persoas.
Tamén, se tes algunha pregunta, podes contactar a través do correo coutodaeirexinha@gmail.com
Agardámoste!
Programa do voluntariado ambiental*
9:45 h – Punto de encontro na casa do pobo de Rebordelo
10:00 h – Inicio da actividade de deseucaliptización
14:00 h – Xantar vexetariano na casa do pobo de Rebordelo
16:00 h – Descuberta de biodiversidade pola parroquia de Rebordelo
18:00 h – Fin da xornada
* A actividade inclúe os seguros de responsabilidade civil e de accidentes ademais do xantar vexetariano