O vindeiro sábado 11 de xullo, o Couto da Eirexiña retoma as actividades de voluntariado ambiental cunha nova acción de restauración ambiental nos montes en man común de Rebordelo. Durante esta actividade, vaise realizar un control de Especies Exóticas Invasoras (EEIs). Mais concretamente a actividade vaise a centrar na eliminación de eucaliptos nunha das áreas onde se desenvolveron xa traballos previos de voluntariado.

A continuación, realizarase un xantar comunitario e vexetariano na área fluvial do río Almofrei ao seu paso pola parroquia. Deste xeito, se o tempo o permite, pódese desfrutar dunha tarde de baño. Non esquezas o teu bañador!! 🙂

Por último e para finalizar a actividade, terá lugar unha inspección do río Almofrei dentro do marco do Proxecto Ríos. Así coñeceremos o estado ambiental do río, ademais da enorme biodiversidade presente neste sistema fluvial.

Préstache vir a esta actividade de deseucaliptización?

Con motivo da crise sanitaria que estamos a vivir por mor da pandemia da Covid-19, esta actividade estará limitada a un máximo de 15 persoas. Para realizar á actividade será obrigatoria a utilización de máscaras, así como o emprego de xel desinfectante cada pouco, ademais de manter a distancia de 1.5-2 metros.

Se queres apuntarte a esta actividade de voluntariado ambiental, tes que inscribirte a través do seguinte formulario.

FORMULARIO

Tamén, se tes algunha pregunta, non dubides en contactar a través do correo adegavigo@adega.gal

Lembra que a data límite para a inscrición nesta actividade é o vindeiro xoves 9 de xullo ás 13:00h, co fin de que poidamos ter tempo para formalizar o seguro de todas as voluntarias e xestionar o xantar comunitario.

Vémonos no monte!!

Programa do voluntariado ambiental*

09:45h – Punto de encontro na Casa do Pobo de Rebordelo
10:00h – Inicio da actividade de deseucaliptización
14:00h – Xantar vexetariano e  comunitario no río Almofrei
15:30h – Inspección do estado ambiental do río Almofrei
18:00h – Fin da xornada

* A actividade inclúe os seguros de responsabilidade civil e de accidentes, así como o xantar vexetariano.