A semana pasada identificamos un exemplar de visón americano no río Almofrei ao seu paso pola parroquia de Rebordelo. A pesar de ter indicios previos da súa presenza, foi a primeira vez que conseguimos observar un exemplar desta especie no treito baixo custodia fluvial dentro do proxecto do Couto da Eirexiña.

O visón americano (Neovison vison) é un mustélido catalogado como especie alóctona invasora, introducida en Galicia na década dos 60 pola industria peleteira. É unha especie que presenta un risco e un impacto negativo nos ecosistemas autóctonos debido ao seu alto nivel de depredación e agresividade, desprazando así ás especies nativas e reducindo a biodiversidade.

En definitiva, as especies exóticas invasoras son unha ameaza máis á que teñen que facer fronte os ecosistemas, reducindo a súa capacidade de resiliencia e adaptación ante o actual paradigma de Cambio Climático