O vindeiro 27 de setembro terá lugar a Folga Mundial polo Clima convocada polo colectivo Xuventude polo Clima – Fridays for Future seguindo ás mobilizacións que se realizarán noutras cidades galegas e do mundo. A iniciativa esixe a declaración, por parte das diferentes institucións, do estado de Emerxencia Climática  e a adopción urxente de diferentes medidas para combater e contrarrestar os efectos do cambio climático.

No desenvolvemento da convocatoria colabora o colectivo Movemento Galego polo Clima, do que o Couto da Eirexiña fai parte, e que naceu froito da vontade de diferentes asociacións ecoloxistas e sociais para unir forzas e brindar apoio á iniciativa. Deste xeito, a convocatoria de dita folga en Galiza, vai acompañada dun manifesto galego que foi redactado en consenso e asinado polas diferentes asociacións implicadas.

Desde o Couto da Eirexiña sumámonos e apoiamos o manifesto e as mobilizacións mundiais convocadas para a vindeira semana en todo o planeta! Podes consultar todas as actividades e accións que terán lugar en Galiza no blogue do Movemento Galego polo Clima:

https://movementogalegopoloclima.wordpress.com/

#XuntasPoloClima