O próximo día 29 de setembro temos unha nova actividade de voluntariado ambiental no Couto da Eirexiña. Desta volta centrarémonos na auga, ese ben tan prezado.

Pola mañá continuaremos coa restauración de charcas, co asesoramento do noso herpetólogo de confianza, Miguel Puras.

Despois de currar, degustaremos as deliciosas pizzas de Rebordelo.

Pola tarde participaremos na xornada simultánea de limpeza de ríos organizada por Adega, entorno ao río Almofrei.

Queres participar nestas actividades? Podes inscribirte desde esta ligazón:
https://forms.gle/NepnpwxbeiQDQLda6

Inscríbete na actividade da mañá de restauración de charcas, na da tarde da Limpeza do río Almofrei ou en ambas. Lembra marcar se quedas a xantar.
A data límite para a inscrición  será o vindeiro xoves 26 de setembro ás 13:00h, co fin de que poidamos ter tempo para formalizar o seguro e preparar o xantar.

Tamén, se tes algunha pregunta, podes contactar a través do correo coutodaeirexinha@gmail.com
Agardámoste!

Programa do voluntariado ambiental*
9:45 h – Punto de encontro na casa do pobo de Rebordelo
10:00 h – Inicio da actividade de restauración de charcas
14:00 h – Xantar no Pozo Negro
16:00 h – Inicio na actividade de Limpeza do río Almofrei (dentro da xornada simultanea de Limpeza de ríos organizada por ADEGA)
19:30 h – Fin da xornada

* A actividade inclúe os seguros de responsabilidade civil e de accidentes ademais do xantar vexetariano