Ola socias e socios do Couto da Eirexiña,
Temos o pracer de convidarvos á I Asemblea Xeral da asociación Couto da Eirexiña, que se celebrará o vindeiro sábado 24 de febreiro na casa do Pobo de Rebordelo.
A asemblea terá lugar ás 16:00h (a primeira convocatoria é as 15:30h) despois da actividade de deseucaliptización que acontecerá ao longo desa mesma mañá.
Enviámosvos neste correo a orde do día, ademais do cartaz da actividade.
Se tedes ideas para realizar, ou queredes participar máis activamente na xestión da asociación, animámosvos a vir.
Un saudiño e até o 24,
Asociación Couto da Eirexiña