O vindeiro sábado 27 de maio temos unha nova xornada de deseucaliptización en colaboración con Facendo Camiño, un grupo deportivo/social creado para fomentar a inclusion no deporte do colectivo LGBTQ+..E despois do xantar realizaremos un roteiro interpretativo pola comunidade de montes de Rebordelo.

Queres participar nesta actividade?

Se queres participar neste voluntariado ambiental podes inscribirte desde esta ligazón:

Formulario

A data límite para a inscrición  será o vindeiro xoves 25 de maio ás 13:00h, co fin de que poidamos ter tempo para formalizar o seguro e preparar o xantar. A actividade estará limitada a un máximo de 20 persoas.

Tamén, se tes algunha pregunta, podes contactar a través do correo coutodaeirexinha@gmail.com

Agardámoste!

Programa do voluntariado ambiental*

9:45 h – Punto de encontro na casa do pobo de Rebordelo

10:00 h – Inicio da actividade de deseucaliptización

14:00 h – Xantar vexetariano na área fluvial do río Almofrei

16:00 h – Roteiro interpretativo pola comunidade de montes de Rebordelo

18:00 h – Fin da xornada

* A actividade inclúe os seguros de responsabilidade civil e de accidentes ademais do xantar vexetariano