O sábado 22 de abril, día da Terra, volvemos ao monte cunha nova actividade de educación ambiental. Desta volta plantaremos árbores autóctonas nos terreos en custodia do Couto da Eirexiña. As árbores foron doadas polo Centro de Investigación Forestal de Lourizán, e servirán para restaurar terreos degradados.
E despois do xantar realizaremos unha descuberta de biodiversidade para coñecer a calidade ambiental do río Almofrei.
Queres participar nesta actividade?
Se queres participar neste voluntariado ambiental podes inscribirte desde esta ligazón:
A data límite para a inscrición será o vindeiro xoves 20 de abril ás 13:00h, co fin de que poidamos ter tempo para formalizar o seguro e preparar o xantar. A actividade estará limitada a un máximo de 20 persoas.
Tamén, se tes algunha pregunta, podes contactar a través do correo coutodaeirexinha@gmail.com
Agardámoste!
Programa do voluntariado ambiental*
9:45 h – Punto de encontro na casa do pobo de Rebordelo
10:00 h – Inicio da actividade de plantación de árbores autóctonas
14:00 h – Xantar vexetariano na área fluvial do río Almofrei
16:00 h – Descuberta de biodiversidade no río Almofrei
18:00 h – Fin da xornada
* A actividade inclúe os seguros de responsabilidade civil e de accidentes ademais do xantar vexetariano