O vindeiro sábado 11 de febreiro, desde o Couto da Eirexiña, sumámonos á xornada simultánea de restauración ambiental promovida por Cousa de Raíces. Desta volta realizaremos traballos de deseucaliptización no monte comunal de Rebordelo.

E despois do xantar, co fin de poñer en valor os traballos que está a facer a comunidade de montes, faremos un roteiro interpretativo polos terreos comunais.

Queres participar nesta actividade?

Se queres participar neste voluntariado ambiental podes inscribirte desde esta ligazón:

Formulario

A data límite para a inscrición  será o vindeiro xoves 9 de febreiro ás 13:00h, co fin de que poidamos ter tempo para formalizar o seguro e preparar o xantar. A actividade estará limitada a un máximo de 20 persoas.

Tamén, se tes algunha pregunta, podes contactar a través do correo coutodaeirexinha@gmail.com

Agardámoste!

Programa do voluntariado ambiental*

9:45 h – Punto de encontro na casa do pobo de Rebordelo

10:00 h – Inicio da actividade de deseucaliptización

14:00 h – Xantar vexetariano na casa do pobo

16:00 h – Roteiro interpretativo polo monte comunal

18:00 h – Fin da xornada

* A actividade inclúe os seguros de responsabilidade civil e de accidentes ademais do xantar vexetariano