O vindeiro sábado 6 de agosto collemos as luvas e as ferramentas para unha nova actividade de deseucaliptización no Couto da Eirexiña. Con esta actividade continuamos coa eliminación de Especies Exóticas nos terreos do monte comunal de Rebordelo. Así daremos continuidade aos traballos de deseucaliptización realizados ao longo deste ano.

E pola tarde, despois do xantar comunitario, realizaremos un roteiro polo río Almofrei, onde teremos tempo de lecer para darnos un chapuzón na área fluvial.

Queres participar nesta actividade?

Se queres participar neste voluntariado ambiental podes inscribirte desde esta ligazón:

Formulario

A data límite para a inscrición  será o vindeiro xoves 4 de agosto ás 13:00h, co fin de que poidamos ter tempo para formalizar o seguro e preparar o xantar. A actividade estará limitada a un máximo de 20 persoas.

Tamén, se tes algunha pregunta, podes contactar a través do correo coutodaeirexinha@gmail.com

Agardámoste!

Programa do voluntariado ambiental*

9:45 h – Punto de encontro na casa do pobo de Rebordelo

10:00 h – Inicio da actividade de deseucaliptización

14:00 h –Xantar vexetariano na área fluvial do río Almofrei

16:00 h – Roteiro e tempo de lecer polo río Almofrei

18:00 h – Fin da xornada

* A actividade inclúe os seguros de responsabilidade civil e de accidentes ademais do xantar vexetariano