O sábado 25 de xuño volvemos ao monte para deseucaliptizar o Couto da Eirexiña. Con esta intervención darémoslle continuidade aos traballos de deseucaliptización realizados nos últimos meses, cuxos efectos xa están a dar resultados.

E pola tarde, despois do xantar comunitario, realizaremos un roteiro interpretativo polo río Almofrei, onde observaremos os macroinvertebrados que habitan nel.

Queres participar nesta actividade?

Se queres participar neste voluntariado ambiental podes inscribirte desde esta ligazón:

Formulario

A data límite para a inscrición  será o vindeiro xoves 23 de xuño ás 13:00h, co fin de que poidamos ter tempo para formalizar o seguro e preparar o xantar. A actividade estará limitada a un máximo de 20 persoas.

Tamén, se tes algunha pregunta, podes contactar a través do correo coutodaeirexinha@gmail.com

Agardámoste!

Programa do voluntariado ambiental*

9:45 h – Punto de encontro na casa do pobo de Rebordelo

10:00 h – Inicio da actividade de deseucaliptización

14:00 h –Xantar vexetariano na área fluvial do río Almofrei

16:00 h – Descuberta de biodiversidade no río Almofrei

18:00 h – Fin da xornada

* A actividade inclúe os seguros de responsabilidade civil e de accidentes ademais do xantar vexetariano