O sábado 11 de decembro, co gallo do día internacional das montañas, realizamos un novo voluntariado ambiental no Couto da Eirexiña. Nesta xornada imos deseucaliptizar unha das áreas que se están a restaurar na comunidade de montes de Rebordelo.
E co fin de poñer en valor a importancia das montañas, pola tarde imos facer un roteiro interpretativo polo monte comunal da parroquia. Durante este roteiro coñeceremos o seu patrimonio natural, así como os labores de restauración ambiental que están a facer desde a comunidade de montes. Tamén amosaremos o impacto ambiental que suporía a construción do parque eólico dos Cotos que afectaría a unha importante superficie do Couto da Eirexiña.
Queres ser voluntaria/o nesta actividade?
Se queres participar nesta actividade, podes inscribirte desde esta ligazón:
A data límite para a inscrición será o vindeiro xoves 9 de decembro ás 13:00h, co fin de que poidamos ter tempo para formalizar o seguro e preparar o xantar. A actividade estará limitada a un máximo de 20 persoas, e para realizala será obrigatoria a utilización de máscaras, ademais de manter a distancia de 1.5-2 metros.
Tamén, se tes algunha pregunta, podes contactar a través do correo coutodaeirexinha@gmail.com
Agardámoste!
Programa do voluntariado ambiental*
9:45 h – Punto de encontro na casa do pobo de Rebordelo
10:00 h – Inicio da actividade de deseucaliptización
14:00 h – Xantar vexetariano na casa do pobo
16:00 h – Roteiro interpretativo polo monte comunal de Rebordelo
18:00 h – Fin da xornada
* A actividade inclúe os seguros de responsabilidade civil e de accidentes ademais do xantar vexetariano