O vindeiro sábado 30 de outubro organizamos un magosto solidario na parroquia de Rebordelo co fin de apoiar ao proxecto de custodia do territorio Couto da Eirexiña.
A xornada comezará ás 16:00h cun roteiro interpretativo pola comunidade de montes de Rebordelo, onde tamén recolleremos sementes autóctonas. Estas sementes empregarémolas para sementar o viveiro forestal do proxecto e para repoboar áreas erosionadas do monte comunal.
Ao finalizar o roteiro, ás 18:00h, terá lugar o magosto solidario na casa do pobo de Rebordelo, onde haberá castañas, crema de cabaza e moitos máis petiscos para desfrutar así dunha tarde de convivencia.
O Magosto terá un bono solidario de 3 euros, e todos os fondos obtidos irán destinados exclusivamente á compra de plantóns para a campaña de repoboación con árbores autóctonas 2021/2022.
Queres participar desta actividade?
Se queres vir, agardámoste ás 15:45h na casa do pobo de Rebordelo para a recollida de sementes e o roteiro interpretativo, ou se o prefires, vémonos á partires das 18:00h na casa do pobo para o magosto solidario.
Para calcular o aforo e tamén saber un número estimado para a loxística da comida, agradecémosche se podes cubrir o seguinte formulario cos teus datos:
Un sábado cheo de actividades
Ademais, o sábado día 30, MycoGalicia Plantae organiza no Couto da Eirexiña unha xornada de identificación de cogomelos co fin de dar a coñecer os coutos micolóxicos da comunidade de montes de Rebordelo.
Se tes interese, podes consultar as redes de MycoGalicia Plantae para inscribirte nesta actividade.
Programa do Magosto Solidario
15:45 h – Punto de encontro na casa do Pobo de Rebordelo
16:00 h – Recollida de sementes autóctonas e roteiro interpretativo
18:00 h – Magosto solidario na casa do Pobo de Rebordelo