Para comezar o outono con bo pé, desde o Couto da Eirexiña promovemos esta actividade de restauración de charcas que terá lugar o vindeiro sábado 2 de outubro. Durante esta actividade actuaremos nun sistema de charcas en custodia co fin de mellor estes hábitats de enorme importancia medio ambiental.

Ademais, coma sempre, faremos un xantar vexetariano e pola tarde realizaremos unha inspección de biodiversidade polo río Almofrei.

Queres participar?

Podes inscribirte nesta actividade cubrindo o seguinte formulario:

Formulario

A data límite para a inscrición nesta actividade será o vindeiro xoves 30 de setembro ás 13:00h, co fin de que poidamos ter tempo para formalizar o seguro e o xantar. A actividade estará limitada a un máximo de 20 persoas, e para realizala será obrigatoria a utilización de máscaras, ademais de manter a distancia de 1.5-2 metros.

Tamén, se tes algunha pregunta, podes contactar a través do correo adegavigo@adega.gal

Agardámoste!

Programa do voluntariado ambiental*

9:45 h – Punto de encontro no estadio As Extremas (Carballedo)

10:00 h – Inicio da actividade de restauración de charcas

14:00 h – Xantar vexetariano no río Almofrei

16:00 h – Descuberta de biodiversidade no río Almofrei

18:00 h – Fin da xornada

* A actividade inclúe os seguros de responsabilidade civil e de accidentes ademais do xantar vexetariano