O vindeiro sábado 18 de setembro volvemos á parroquia de Rebordelo cunha nova actividade de voluntariado ambiental. Desta vez centrarémonos en desacaciar unha zona do monte comunal onde estivemos a traballar nos últimos meses.
E coma sempre, despois do traballo, xantaremos na área fluvial do río Almofrei para despois finalizar o día cun roteiro interpretativo polo monte comunal de Rebordelo.
Queres participar nesta actividade?
Esta actividade estará limitada a un máximo de 15 persoas, e para realizala será obrigatoria a utilización de máscaras, ademais de manter a distancia de 1.5-2 metros. Se queres apuntarte podes inscribirte a través do seguinte formulario:
Tamén, se tes algunha pregunta, non dubides en contactar a través do correo adegavigo@adega.gal
Lembra que a data límite para a inscrición nesta actividade é o vindeiro xoves 16 de setembro ás 13:00h, co fin de que poidamos ter tempo para formalizar toda a loxística.
Vémonos no monte!!
Programa do voluntariado ambiental*
09:45h – Punto de encontro na Casa do Pobo de Rebordelo
10:00h – Inicio da actividade de desacaciación
14:00h – Xantar vexetariano no río Almofrei
15:30h – Roteiro interpretativo polo monte comunal de Rebordelo
18:00h – Fin da xornada
* A actividade inclúe os seguros de responsabilidade civil e de accidentes ademais do xantar vexetariano