Desde o  Couto da Eirexiña desexámosvos un Feliz Aninovo cheo de ecoloxismo, saúde e biodiversidade. Tamén queremos despedir o ano agradecendo a todas as voluntarias e voluntarios que participaron ao longo deste 2020 nas diferentes actividades de restauración ambiental. Sen a vosa participación, este proxecto colectivo de custodia do territorio non sería posible.

 

A pesar de que a pandemia impediu realizar máis actividades de voluntariado, desde o Couto da Eirexiña traballamos arreo nun plano máis administrativo, organizativo e de xestión do territorio. Ao longo deste ano realizáronse cartografías e SIX para a comunidade de montes de Rebordelo, e solicitouse á Xunta a inclusión dos terreos en custodia como Refuxio de Fauna, entre outras iniciativas. Polo tanto, nas próximas semanas anunciaremos novos proxectos froito destes traballos e colaboracións.

Feliz 2021!