Desde o Couto da Eirexiña lanzamos á venda camisetas e bolsas do proxecto co fin de obter financiamento para as labores de custodia do territorio. En concreto, todo os fondos obtidos coas ventas das camisetas e das bolsas irán destinados integramente a mercar plantóns de árbores autóctonas para repoboar terreos degradados do monte en custodia de Rebordelo. En total agardamos repoboar unhas 250 árbores coa venta deste material.

Con este fin, deseñamos as seguintes camisetas de algodón ecolóxico co logo do Couto da Eirexiña en verde e en granate, ademais dunhas bolsas de tea co logo en negro. Mólanche? 🙂

Camiseta logo verde – Tallas: S, M, L, XL, XXL – Prezo: 15 euros

Camiseta logo granate – Tallas: S, M, L, XL, XXL – Prezo: 15 euros

Bolsa de tea – Prezo: 10 euros

Queres colaborar?

Se estás interesada ou interesado en colaborar no proxecto coa compra dunha camiseta ou dunha bolsa, podes poñerte en contacto a través do correo adegavigo@adega.gal, ou ben adquirilas nalgún dos voluntariados. En breves tamén agardamos ter a opción de compra online na páxina web.

Os gastos de envío dos pedidos por Correos son de 2.40€ (5,55€ se prefires envío certificado). Tamén podemos facer entrega dos pedidos nos voluntariados, ou se estás en Vigo, quedar para evitar os gastos de envío.

Grazas por colaborar na conservación da natureza, e vémonos no monte!