Ola amigas/os,

Esta fin de semana estivemos a planificar as vindeiras actividades de voluntariado que realizaremos no Couto da Eirexiña. Consistirán en labores de mellora ambiental do solo do bosque autóctono da última plantación realizada nos terreos de custodia, así como labores de restauración ambiental de zonas húmidas.

Por motivos sanitarios, realizaremos grupos pequenos de non máis de 10-15 persoas voluntarias, e todas as actividades serán no exterior, incluído o xantar comunitario. Iremos informando destas actividades nas próximas semanas.🌳🌳

Tamén esta fin de semana realizamos unha sondaxe da herpetofauna de Rebordelo cos amigos de Levantando piedras. Aquí vos deixamos con este precioso exemplar de víbora de Seoane.🐍


A natureza é simplemente marabillosa. 🌳💚🌳
Vémonos no monte!! 🦊