O sábado 14 de marzo voltamos ao monte para realizar unha nova actividade de voluntariado e educación ambiental no Couto da Eirexiña. Desta vez realizaremos entre todas traballos de deseucaliptización en terreos do monte comunal de Rebordelo.
Como xa é costume, esta actividade ímola acompañar cun xantar comunitario e vexetariano na casa do pobo de Rebordelo. E pola tarde, despois do xantar, realizaremos un roteiro interpretativo polo bosque autóctono e polo río Almofrei.
Queres participar nesta actividade?
Podes inscribirte cubrindo o seguinte formulario:
E se tes algunha pregunta, non dubides en contactar a través do correo adegavigo@adega.gal.
A data límite para a inscrición nesta actividade é o vindeiro xoves 12 de marzo ás 13:00h, co fin de que poidamos ter tempo para formalizar o seguro de todas as voluntarias e xestionar o xantar comunitario.
Vémonos no monte!
Programa do voluntariado ambiental:
09:45h – Punto de encontro na Casa do Pobo de Rebordelo
10:00h – Inicio da actividade de deseucaliptización
14:00h – Xantar vexetariano e comunitario na Casa do Pobo
15:30h – Roteiro interpretativo
18:00h – Fin da xornada