O vindeiro sábado 8 de xuño ADEGA Vigo e o Couto da Eirexiña organizan, en colaboración coas brigadas deseucaliptizadoras e a comunidade de montes de Rebordelo, unha nova actividade de deseucaliptización no monte veciñal custodiado na parroquia de Rebodelo, no concello de Cerdedo-Cotobade.

Esta actividade está integrada no marco da II xornada de Deseucaliptización Simultánea  que vai ter lugar en numerosos puntos de Galiza de xeito coordinado e promovido por Cousa de Raíces, co gallo da celebración da semana do medio ambiente. O obxectivo é poñer o foco de atención na necesidade de protexer e conservar os bosques autóctonos, tan ameazadas pola actividade extractiva, en especial polo monocultivo de eucalipto, que tan fortemente afecta ao monte galego.

A xornada no Couto da Eirexiña dará comezo ás 9:45h na casa do pobo de Rebordelo.  A actividade vai acompañada dun xantar comunitario e dun roteiro interpretativo para dar a coñecer a xestión forestal sostible de conservación e recuperación do bosque autóctono e da biodiversidade que están a levar a cabo as comuneiras e comuneiros da parroquia de Rebordelo.

Podes inscribirte nesta actividade de deseucaliptización enviando unha mensaxe ao correo electrónicoadegavigo@adega.gal indicando o teu nome e un número de contacto!!

Vémonos no monte!!

Programa de voluntariado de repoboación:

09:45h – Punto de encontro na Casa do Pobo de Rebordelo
10:00h – Inicio da actividade de voluntariado de repoboación
14:00h – Almorzo comunitario coa asociación veciñal e a CMVMC de Rebordelo
15:30h – Roteiro interpretativo pola comunidade de montes
18:00h – Fin da xornada