O Proxecto Ríos é un programa de educación e voluntariado ambiental baseado na inspeccións de ríos por voluntarias e voluntarios mediante a análise das características biolóxicas, físico-químicas, hidromorfolóxicas e patrimoniais dos ecosistemas fluviais.
No Couto da Eirexiña levamos desde o 2015 inspeccionando un treito de 500 metros do río Almofrei. Estas inspeccións realízanse todas as primaveras e outonos, e até o momento as análises mostraron unha calidada da auga excelente. Estes datos recollidos en cada inspección incorpóranse á base de datos do proxecto para a realización do informe anual do estado de saúde dos ríos galegos.
Anímaste a participar neste proxecto? Podes consultar máis info na web de Proxecto ríos e adoptar o teu treito de rio