O Couto da Eirexiña é un proxecto de custodia do territorio entre a comunidade de montes veciñais en man común de Rebordelo (Cerdedo-Cotobade) e asociación ecoloxista ADEGA. O seu principal obxectivo é a realización de actividades de voluntariado e educación ambiental por parte da asociación ecoloxista para a posta en valor e a conservación dos valores naturais presentes no territorio.

Desde o Couto da Eirexiña animámosvos a participar en tódalas actividades desta andaina, e para isto, podédesvos inscribir como voluntarias ou voluntarias premendo aquí.

Vémonos no monte!!