O pasado 5 e 6 de outubro de 2018 tiveron lugar as xornadas de voluntariado Bosques con Vida dentro dos límites do proxecto de custodia do territorio onde participaron un total de 40 persoas. Estas xornadas foron posibles grazas a unha axuda de Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Durante estas xornadas recuperáronse unha zona de charcas situadas nunha antiga cota mineira e reforestouse con especies autóctonas da súa área circundante,  nunha área que foi afectada polo incendios forestais de outubro do 2017.

Deste xeito, drenáronse as charcas colmatadas a diferentes profundidades para favorecer a diversidade de microhábitats e construíronse trampas de sedimentos naturais con pedras e pantallas vexetais co fin de impedir a colmatación futura das charcas.Tamén construíronse accesos de anfibios para favorecer a súa presenza mediante o suavizado das pendentes de entrada á charca. Por último reforestouse con especies autóctonas a área circundante para favorecer a creación dun bosque mixto.

Unha vez máis, grazas a todas as persoas voluntarias que se achegaron!

Vémonos na seguinte!!